top of page
Música silenciada: compositoras
O papel da muller na música ao longo da historia foi un tema descoñecido dende sempre: nos libros de texto raro é que apareza unha!
Arrastramos unha gran falta de interese pola obra de moitas compositoras de diferentes épocas da historia, que se enfrontaron á sociedade das súas épocas para desenvolveren o seu talento musical.
Elas deixaron un legado importante para as novas xeracións, no terreo musical e na igualdade profesional, loitando arreo polos seus dereitos, achandando o difícil camiño cara a unha sociedade máis xusta.
Con esta recompilación damos a coñecer algunhas destas grandes esquecidas.
bottom of page