top of page
PARTITURA
VÍDEOS
ARQUIVOS
CONTACT

QUÉROTE MÁIS

Teño soños de colores

cando non podo durmir,

sigo esperto toda a noite

e non deixo de bulir.

Dando voltas no meu leito

teño gañas de voar,

sáeme o corazón do peito

seica poderá estoupar.

Cando facemos o pino

a limpar no ceo os pés

 ou botamos aturuxos

antes de que pase o tren.

Cando che dou a pulseira

feita con mil alecríns,

mírote ós ollos decote

para poderche así dicir:

Quérote máis, quero, quérote máis

que a tortilla de patacas con xamón

quérote máis, quero, quérote máis

cada vez que me latexa o corazón.

Teño na boca un sorriso

e nos ollos un candil,

que ninguén pode apagar

cando corres xunto a min.

O meu corpo treme enteiro,

tremen pernas, tremen mans,

 sáeme o corazón do peito

seica poderá estoupar.

Ao pintar arcos da vella

de colores polo ar,

cando escribes o meu nome

nun espello ou nun cristal.

Ao encendermos unha radio

e este son poder ouvir,

mírote aos ollos decote

para poderche así dicir.

Maite zaitut, maite maite zaitut

que a tortilla de patacas con xamón

Maite zaitut, maite maite zaitut

cada vez que me latexa o corazón.

O Sonoro Maxín

Pirritx eta Porrotx

Partitura
Partitura en euskera (con intro e acordes) de kantuan.net
bottom of page