top of page
Albert William KETELBEY
Naceu en Birmingham (Inglaterra) en 1875. En Worcester estreou a sonata para piano en presenza de Elgar. Estudou en varias escolas de música na súa cidade e en Londres, até chegar ao Trinity College (escola de música, danza e teatro) desa cidade. Cadrou co compositor Gustav Holst nalgún certame.
 
Compuxo moita light music, xénero  moi británico do s.XIX e comezos do XX, para orquestra, sen a seriedade e profundidade da clásica, pensada como música de fondo e popular nos comezos da radio (de feito, na BBC había o programa Music while you work). Usouse tamén como acompañamento de cine mudo.
Foi editor musical e director musical dunha das primeiras compañías de discos.
Dirixiu o Teatro Vaudeville londiniense e casou cunha cantante e actriz. Compuxo obras con moito éxito, usadas en películas. As súas obras máis destacadas son:
  • A melodía pantasma
  • No xardín dun mosteiro
  • No xardín dun templo chinés
  • Polas azuis augas de Hawai
  • Na mítica terra de Exipto
 

 

 

 

Dise que foi o primeiro compositor millonario de Gran Bretaña. Ao longo da súa

vida empregou distintos pseudónimos, como Raoul Clifford ou Anton Vodorinski. Morreu en 1959.

 

 

 
 
bottom of page