top of page
Coffin dance - astronomía
Presentamos a canción Astronomía, viral polo meme coa "coffin dance” (baile do ataúde), a partir dunha tradición dos funerais en Ghana. O produtor e compositor ruso Tony Igy creouna en 2010, chegando ás listas de éxitos Billboard. En 2014 unha reedición co dúo holandés Vicetone volveuna popularizar.
A partitura tomeina de #musicaviral. Na web #musicaviral tedes varias versións da partitura e o acompañamento en mp3.
Baixei as notas agudas dos c. 7 e 8.
É moi doada, cunha frase A (c.1-4), frase B (c.5-8) repetida dúas veces máis, outra vez A e repetir todo.
Tedes o vídeo coa partitura e tamén a partitura interactiva musescore.
bottom of page