Ollos verdes - na beira do mar
2ºESO - tema 4
Para rematar a canción ‘Ollos verdes’ (p.49, Galinova 2º), ímoslle engadir a coñecidísima 'Na beira do mar'. Adóitanse tocar e cantar xuntas. Farémola a 2 voces, é dicir, polifonía. Unhas persoas pertencen ás ‘Frautas 1’ e outras ás ‘Frautas 2’. Inclúo unha pista de acompañamento con cada voz. Tés unha carpeta cos audios, as partituras e os esquemas para que os poidas baixar. Nas outras pestanas tés a partitura Noteflight.
​

Ollos verdes son traidores (x2),
azuis son mentireiros,
​
os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros (x2).
​
​
Na beira, na beira, na beira do mar,
hai unha barquiña pra ir a navegar,
pra ir a navegar, pra ir a navegar,
na beira, na beira, na beira do mar.
​
​
Cinco sentidos che temos (x2),
Os cinco necesitamos,
​
pero os cinco che perdemos,
cando nos namoramos (x2).
​
​
Na beira, na beira...
​
Cando paso pola porta (x2),
collo o pan e vou comendo
pra que non digan teus pais
que de verde me manteño (x2),
​
Na beira, na beira...
​
Cando eu quixen non quixeches (x2),
recibir os meus amores.
​
E agora queiras, non queiras
xa che teño outros mellores (x2).
​
Na beira, na beira...
​
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |