Vexamos algo da historia de Resistiré, popularizada polo Dúo Dinámico, e que é coma un himno da corentena, convidándonos a aguantar e agardar tempos mellores.
A música está moi inspirada no famoso I will survive de Gloria Gaynor (moita xente di que é un plaxio). A letra é de Carlos Toro Montoro. En que se inspirou para unha letra tan positiva e motivadora?
O pai de Carlos Toro viu no 1936 como a democracia en España se truncaba polo golpe de estado franquista e loitou co exército republicano. Acabada a Guerra Civil, botou 14 anos encarcerado. De aí o 'Resistiré'...
​
Hai varias adaptacións, escollín a de #musicaviral , unha iniciativa da COAEM. Propoñen cada día unha peza musical e toca moita xente nas ventás e casas ás 19h. Inclúen partituras e acompañamentos.
​
Neste esquema veredes as frases musicais, que se repiten bastante.
​
Distinguimos 2 grandes partes con varias frases moi parecidas. Fíxate no esquema e atende ás posicións da frauta do Si bemol, que aparece en toda a canción, e do Do'# do final.
​
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() |