top of page

Aquí tedes a letra adaptada ao galego (versión do Luar TVG) do 1º vídeo e a versión da cantautora Silvia Penide:

Cando perda todas as partidas

Cando durma só sen ninguén máis

cando peche todas as saídas

cando a noite non me deixe en paz.

 

Cando sinta medo do silencio

cando custe xa manterse en pé

cando volvan os malos momentos

e non quede sitio pra correr.

 

Resistirei

erguida diante todo

mesmo serei de ferro para endurecer a pel

aínda que os ventos desta vida sopren forte

son coma o xunco que se dobra pero sempre segue en pé

 

Resistirei

para seguir vivindo

soportarei os golpes e xamais me renderei

e aínda que os soños se me rompan en anacos

Resistirei

Resistirei!

 

Cando o mundo perda toda maxia

cando o pesadelo renacer

cando volvan os malos momentos 

e non quede sitio pra correr

 

Cando me ameace a loucura

cando na moeda saia cruz

cando o diaño pase a factura

ou se algunha vez perdo a túa luz

 

Resistirei

para seguir vivindo

soportarei os golpes e xamais me renderei

e aínda que os soños se me rompan en anacos

Resistirei

Resistirei!

​

​

©2020 por musicatrazo. Creada con Wix.com

bottom of page